Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche a arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer …
Recuperamos a presencialidade logo de dous programas nos que volvemos ás nosas orixes e para celebrar a nosa xuntanza de novo, aproveitamos para …
Rematamos o noso retorno ao telemático traendo boas novas e prometendo grandes anuncios proximamente (moi proximamente), pero ademais coa resaca dun Entroido moi necesario para todos que nos inspirou fondamente para …
Esta semana chegamos cun lixeiro retraso, pero todo queda xustificado polas moitas noticias que están por vir nas vindeiras semanas. Como a nosa mesa …
Esta semana achegámonos ata Santiago de Compostela para falar co actor Diego Anido, candidato ao premio Goya por As Bestas e rostro fundamental da interpretación en Galicia, no Coffee Mori. O tema da conversa xira …
Xa que cada persoa ten a capacidade de imaxinar e crear novos espazos, criaturas e relatos, podemos dicir que a Fantasía é un elemento común do ser humano. A Fantasía pode ser una mentira preciosa, ben vestida, ou unha …
Esta semana puxémonos en modo fogar e non marchamos a ningún directo, senón que recibimos na casa a dúas convidadas coas que tiñamos moitas ganas de …
Hai poucas cousas que todas as persoas teñan en común, pero as ganas de pasalo ben e gozar dunha boa troula é unha delas. Unha troula hipotética, …
Pantasmas, zombies, regresados, vampiros, meigas, demos, dragóns... Vivimos rodeados de narrativas sobrenaturais e moitas veces non nos damos nin de conta. Moitas festas, como o Entroido, teñen a súa base nesas …
Os tempos son chegados e, como eles, nós tamén chegamos ata Lugo, finalmente! Viaxanos ata a cidade amurallada para conversar coa artista e autora gráfica Alicia Pena, lucense afincada en Suecia que vén de publicar o …
Neste programa achegámonos ata o festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela para palorar e reflexionar sobre a liberdade coas cineastas Clara Roquet e Carla Andrade, xurado e participante na sección Planeta GZ …
😈Estamos de volta😈 Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso …
Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao …
En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as …
As fantasías son sinónimos dos soños, do que resulta difícil ou imposible de cumplir por diferentes motivos. Pertencen, por tanto, ao universo da …
Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os …
Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano …
Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e …
Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para …
Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é …
Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, …
O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no …
Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere …
Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: …
Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, …
Os actos preceden ás persoas, aínda que non sempre falan na totalidade delas. Se o teu traballo é consistente, prolongado no tempo e unha peza …
Todas as persoas cando son pequenas xogan ao mesmo, norma arriba e norma abaixo. A pillar, ás agochadas, á comba… e a polis e cacos. Alí establecemos …
A quen non lle vai agradar unha loanza? Unha palabra cariñosa? Un recoñecemento? Pero o certo é que hai xente que se adica a isto, non que cobre por opinar senón que vive de facer crítica. E a estas persoas é moito máis …
Ser ou non ser? Esa é… unha cuestión. Como tamén o é arrancarlle ás margaridas cada pétalo agardando que se resolva o gran misterio: quéreme? non me …
Hai algo no misterio que nos invita á obsesión, a pensar e repensar e percorrer os camiños que outra xente xa percorreu na procura dunha resposta. …
Obter moedas, matar bechos, pasar de fase, gañar carreiras, rescatar á princesa ( e moi moi rara vez ao príncipe), salvar o planeta, capturar monstros, roubar e matar, cociñar, facer mobles… Cada videoxogo marca os seus …
Hai persoas que habitan este planeta, camiñan entre nós e fan todo un pouco mellor, ou polo menos un pouco menos normal e aburrido. Ás veces temos a …
Deixando de lado o sentido común, o ser humano posúe cinco sentidos. A vista, o tacto, o olfacto, o oído e o gusto. Este último, en concreto, é no …
Pode ser que a Historia sexa escrita por quen gaña, pero que grazas á investigación e divulgación pode ser mudada e aberta a outros ollares tamén é …
O rock está morto ou iso din os máis seguidores do xénero, comunmente os que romantizan anos dourados e grupos extintos desatendendo ao panorama actual e rexeitando calquera idea sobre que algo presente, do agora, sexa …
E chegamos ao último programa do 2021! Dous días atrás era xaneiro e non asomaban nin de lonxe as horas e horas de conversas que nos quedaban por diante. Quizais xa non somos tan novatas.
Este ano foi o dos estouridos e …
A xestión dos nervios é unha desas cousas persoais que debemos respectar uns dos outros e, en certo modo, entrenar e dominar. É útil para cando toca, que sempre toca, iso é inevitable. Non saber xestionar ese estrés ou …
Poñamos que este programa é un cadro, e non no sentido cómico. Tería que ser de cores fortes, verdes e azuis e vermellos, con moita acción, case unha estampa de guerra, pero con espazo para a bondade, como a dunha nai …
Esta semana achegámonos ata a cidade da Coruña, ao Café Universal, para celebrar o terceiro aniversario de Vinte e, de paso, facer un pouco do noso, …
EN DIRECTO DESDE O CULTURGAL!
Esta semana collemos o directo feito no pasado Culturgal para compartir coas persoas que non estiveron presentes o que …
Internet aínda non é o suficientemente vella como para que se xubile a xente que vive grazas a ela. Non falamos de informáticos ou enxeñeiras, senón diso que agora chaman creadores de contido. Así como as estrelas do …
Ai, o odio! Esa forza da natureza que experimentamos todxs nós de vez en cando conducindo, na cola do supermercado ou cando alguén evita unha …
Ah, a amizade! Que bonito concepto tan difícil de explicar pero que a maioría da xente, por non decir todo o mundo, ten experimentando algunha vez na vida. Segue sendo un dos grandes misterios do ser humano explicar o …
Fai xa unha semana ou máis que se vén falando de de tumbar a antiga (e presente) reforma laboral para mellorar as condicións vitais, así en xeral.
Non, non nos poñernos profundas nin imos afondar en datos e informes, …
Ás veces o bo tarda en chegar e o programa desta semana é a proba diso. Logo de varios intentos, logramos reunirnos no programa cunha estrela do …
Volvemos para unha segunda tempada! E para iniciarnos, ou case, quixemos pedir consello a unha eminencia do entretemento e a comunicación: Xose Ramón …
Todo o bo chega sempre ao seu fin e nós non podemos ser menos. Logo de máis de 9 meses case ininterrompidos, o que vén sendo un embarazo practicamente, estreando programa cada mércores, este o noso querido podcast …
Desde non moitas xeracións ata as presentes a tecnoloxía foi adquirindo un rol protagonista, sendo parte incluso da familia, en moitos aspectos …
É dificil saber onde remata o amor propio e comeza o egocentrismo. A querencia polo eu pode chegar a ser perigosa pero é algo que debemos facer, máis …
Durante séculos as historias para asustar aos meniños incluían a persoas descoñecidas que os raptarían ou pequenos diaños que se lles meterían nos …
Quen non estivo cos ollos fixos nun reloxo agardando a que dese unha hora concreta para refrescar e refrescar sen parar unha páxina web? Ben por un …
Hai cousas que van e volven, compórtanse como ciclos e nacen como respostas a outros elementos. Tamén hai outras cousas constantes, menos comúns pero …
Hai días que merecen celebrarse durante un ano e que, á súa vez, celebran unha vida. As Letras Galegas do 2021 adícanse a Xela Arias, poeta e editora que modernizou a literatura galega rachando co feito ata entón. Xela …
Cantos domingos teremos pasado na nosa vida fronte ao televisor, logo de comer algo pouco recomendable e repetindo diálogos dunha película …
Hai algo máxico nas reunións arredor dunha mesa para cear ou xantar, tan máxico como cando cociñas para alguén ou agardas con ansia ese domingo de pote ou cocido feito con amor no forno dunha avoa. A comida é algo …
Todos somos cómplices en certa medida cando apartamos a mirada. Escollemos ignorar e non confrontar. É certo que moitas veces a imaxes son difíciles …
Levamos un ano nun mundo que non sabe se está pechado ou en liberdade condicional, pero desde logo que comezamos a notar ou plenamente sentimos que a …
Se algo levamos aprendido nos últimos anos é que a representación social é algo importante, positivo e necesario. Aínda que agora o que máis se estile sexa a inclusión das minorías e entregarlles os xustos lugares que …
O talento é unha materia prima voluble, líquida e difícil de darlle saída. Atopar esa voz dentro de ti e aceptala é o primeiro paso, os seguintes son …
Sabemos que o poder, como material, adopta moitas formas e é resistente ao paso do tempo. A narrativa ou o relato é unha destas formas de poder que viven en nós, nas nosas tradicións e refráns, e o principal conto que …
Sempre se dixo, logo de decepcionarse co Goberno ou a sociedade, que menos mal que nos queda Portugal. Durante moitos meses, incluso anos, foi un país posto como exemplo de todo, ou case. Non significa que non o sexa, …
Vivimos rodeados de constantes sinais que nos lembran: ollo, podes morrer e, de feito, vas morrer. E todo o mundo advirte que non debes ter présa por …
O silencio é un elemento imprevisible. Cando se busca ou se quere provocar rara vez se acada e, polo contrario, aparece no momento menos indicado. …
Din que a contraparte do amor é o odio, pero na maioría dos casos non son comparables porque carecen da mesma enerxía. O odio, por raro que pareza, soe rematar en indeferenza. O medo é realmemte a outra forza que …
A cultura popular di que hai un refrán para cada situación, como a discografía de ABBA. Pero tamén é certo que hai un chiste para indignar a cada …
En primera liña de verbena, sexa o pobo que sexa, sempre está ese personaxe que baila o que lle poñan sen importar nin quen canta. Todos ollamos para …
Polas rúas e camiños que transitamos a diario a historias que permanecen intactas e mudas, que pasan desapercibidas a quen vai con présa ou …
É extremadamente complicado que ao longo dun día non atopemos algo que fose deseñado por outra persoa. Directamente imposible. Aínda que quedásemos na cama soamente, ese moble sobre o que durmimos nalgún momento foi un …
Neste mundo global somos capaces de atopar e escoitar música en segundos que non podíamos nin imaxinar. Do mesmo xeito, os mesóns e parrilladas da nosa terra conviven frecuentemente con restaurantes mexicanos, italianos …
Se a vida nos demostra algo é que contar ben anécdotas é unha arte non ao alcance de todxs. Cada vez que atopamos a unha desas persoas que hipnotizan cando falan, que enmudecen unha sala chea de xente soamente co que …
Pantallas a todas horas, pantallas en todas partes. Espertamos xunto a unha, xantamos e ceamos fronte a outra, pasamos horas de ocio ante varios tipos: grandes, pequenas, de cine, extraplanas. Cada día pasan por elas …
Annus horribilis. Ou como diríamos hoxe en día: vaia ano levamos. Pero non por iso debemos olvidar o bo que tivo, o pouco que dirían algúns, pola …
Cando anunciaron as medidas para poder xuntarse no Nadal todo o mundo comezou a botar contas, aritmética de familia para escoller quen si e quen non. …
Vivimos un momento da Historia no que a realidade parece superar a ficción, somos protagonistas e figurantes ao mesmo tempo de grandes …
Se hai unha constante na vida é que do que non se fala, non existe a ollos do mundo. Pero isto non significa que non exista de verdade. Moitas foron …
Advertencia: deste programa podes saír cunha sensación de comprensión e mellor estado de ánimo.
Moitas son as palabras que empregamos a diario para …
Diversión. Esa é a palabra. Neste mundo en constante movemento e a velocidades que meten medo acostumamos esquecernos daquela filosofía do 2004: rir alomenos 10 minutos ao día. Tan importante é facer cousas como ser …
Fillos de lameiro foi o nome que lle deron en galego ás persoas de sangue mesta do universo Harry Potter. Nos tempos nos que aínda se traducían …
Dicen que cando levas moito tempo lonxe da terra de Galicia, escoitar unha gaita pode emocionarte tanto como a voz da túa nai. O seu son forma parte, …
Existe a expresión «persoa do Renacemento» para aquela xente que se adica exitosamente a moreas de cousas. Continuar co espírito de Da Vinci, vaia. Na serie Paquita Salas a isto chámanlle ser unha actriz 360, tanto …
Sempre é gracioso ver un meniño lendo o xornal, ou polo menos choca frontalmente co que se supón que é un xoguete. Probablemente só esté imitando o …
Anónimo, nin tan sequera Anónima, é a autoría que figura en moitas obras realizadas por mulleres, segundo Virginia Woolf. Hoxe en día nesa categoría …
Xacobe Pato non ten problema para recurrir a Julian Barnes ou Faulkner como guía de consello, pero ás veces esas respostas atópanse nunha canción do …
Para a estrea do Café Derby 21 queremos contar coa persoa que está tendo as mellores semanas en Galicia, Berta Dávila. Grazas ao éxito da súa novela Carrusel, a autora galega conquista cada premio encertame ao que se …
Are you the creator of this podcast?
and pick the featured episodes for your show.
Connect with listeners
Podcasters use the RadioPublic listener relationship platform to build lasting connections with fans
Yes, let's begin connectingFind new listeners
Understand your audience
Engage your fanbase
Make money